Dende o pasado día 5 do actual en que, con grande expectación, inaugurouse na prestixiosa galería de Arte Pardo Bazán, ubicada en céntrica rúa da Cidade da Coruña a exposición “A contorna das palabras”, do escultor- ceramista mindoniense, afincado na parroquia focega de San Martiño, mesmo na beira do Centiño, fronte á histórica basílica, Caxigueiro; a obra do noso conveciño está sendo visitada por numerosas persoas, entre elas xentes da cultura, críticos e profesionais das artes plásticas, que coinciden en apreciar a evolución moi favorable na obra do mindoniense; el, poeta da vida, é quen de levar a súa innata sensibilidade e reflectila nos obxectos con alma, que saen das súas mans de artista ambivalente, a través da linguaxe e da expresividade plástica.
Por iso, dende hai uns quince anos, que o artista expuxo por primeira vez a serie “A linguaxe da memoria”, unha instalación que fusionaba coa dobre linguaxe, un conxunto ordenado de libros realizados en cerámica que facían referencia á perda cultural, ocorrida no incendio da Biblioteca de Saraxevo (25.08.92) na Guerra dos Balcáns, o libro faise presente na súa obra escultórica.
A perda das culturas minoritarias é un dos discursos habituais de Caxigueiro, un artista comprometido que incide en todo o que supón a desaparición ou deterioro dos valores fundamentais do home. Obras como “Natureza morta” ou “O libro das pólas” definen o deterioro do medio ambiente, ou “O libro das palabras”, “O libro dos paxaros” e “O libro do silencio”, refírense ó idioma galego e ó esquecemento de moitas das súas palabras que se utilizaban ata hai pouco tempo e que perderon todo significado.
Poucos meses hai que Caxigueiro, co poeta de Celanova, Baldo Ramos, mantivo no Gaiás de Santiago, ou A Cidade da Cultura, unha exitosa exposición; agora mesmo ten na Coruña a que comentamos e paralelamente participa nunha colectiva na cidade de Pontevedra e en carteira outras actividades e presenzas polo resto do país; daí que, como o título proclama, Caxigueiro está en órbita. Os nosos parabéns.
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



