Hai 70 anos, por estas datas, zarpaban as primeiras lanchas focegas da historia rumbo leste á costeira do bocarte. Eran o “Delio”, mandado por Antonio de Quintanero, e a “Remigia” co patrón Pachocho; porto de destino: Laredo. De seguido foi uníndose a maioría da flota local, entón considerable. Iniciábase así unha singradura que cada ano retiña ós nosos mariñeiros un par de meses faenando por aquelas latitudes e convivindo cos nativos, que no caso de Laredo, chegou a crear fortes vínculos afectivos, que tiveron a xénese nunha relación de apoio mutuo e de solidariedade amosada pola poboación laredana no diario trafego e na atención dispensada ante a adversidade e as necesidades naquela sociedade carente de medios elementais; e así deuse o caso de familias daquela vila que acolleron nos fogares a mariñeiros focegos enfermos, ós que dispensaron coidados e agarimo ata a total recuperación. Co tempo as circunstancias mudaron, os barcos marcharon mais hacia leste, tras do peixe; e foron portos vascos, en especial Ondárroa, onde os focegos fixaron a base; pero na memoria colectiva quedou a lembranza das fermosas vivencias, a tal punto que había un tempo que aquela vila dedicara a Foz unha das rúas principais. No ano 2006 foron inauguradas as obras do malecón da praia que, en xusta correspondencia e por suxerencia de Chemari Neira, expatrón maior da Confraría, finado prematuramente, dende entón leva o nome de Paseo de Laredo, e con tal motivo tivo lugar, coa presencia dunha embaixada laredana, un emotivo acto, arredor do vello faro, testemuño de tanta traxedia na bocana da ría, a dramática “barra”(lugar ó que dende hai moitos anos o cronista chama “o noso particular triángulo das Bermudas”), que ó lembrar a persoas e feitos, a algúns dos presentes, esvaráronlle as bágoas polas meixelas…A xuntanza rematou baixo carpa no Bispo Santo, con menú da terra, entre cantigas e añoranzas.A emoción vivida na Rapadoira deixa o ronsel no Paseo de Laredo, pobo que con Foz escribiron unha fermosa historia de fonda humanidade. Un monolito naquela paraxe perpetúa a memoria da vivencia histórica.
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



