O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza un encontro sendeirista astur-galaico polas terras de Ribadeo. A travesía, guiada polo grupo Pena Tallada de Ribadeo e de 16 quilómetros de distancia, arrincará en Remourelle e rematará en Rinlo o domingo 28 de abril discorrendo pola beira do mar. Os interesados en participar poden inscribirse ata o xoves 25 de abril nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) e 608 540 828 (Eva) por un prezo de 3 euros os socios e de sete euros as persoas que non están asociadas.
Encontro Sendeirista astur-galaico
Encontro Sendeirista astur-galaico
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo