Mondoñedo, 20 de maio de 2025. Mondoñedo acolleu hoxe a festa do Correlingua, na que participaron máis dun milleiro de alumnas e alumnos de centros educativos da comarca da Mariña.
A deputada de Cultura Iria Castro participou na xornada que comezou cunha marcha do alumnado polas rúas da cidade encabezada polo lema “A mocidade activa por unha lingua viva” e que rematou cun final festivo na Praza da Catedral con Paco Nogueiras e a Mecánica Rolling Band, gañadora do certame Cantalingua, convocado tamén dentro da iniciativa Correlingua.
A responsable provincial agradeceu “a implicación da comunidade educativa nestas iniciativas pola lingua” e incidiu na necesidade de “manter vivo o orgullo e a reivindicación da lingua entre as nenas e nenos para reverter a perda de falantes que se está rexistrando especialmente entre a mocidade”
Alumnado dos colexios Caselles Rollán de Xove, Península da Paz de Cervo, Juan Rey de Lourenzá, Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, Gregorio Sanz de Ribadeo, os institutos de Foz, Perdouro e Monte Castelo de Burela, Vilar Ponte de Viveiro, Dionisio Gamallo e Porta da Auga de Ribadeo, Illa de Sarón de Xove e San Rosendo de Mondoñedo, acompañados por profesorado, participaron nesta actividade promovida pola Asociación Correlingua -CIG, ASPG e A Mesa-, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Asociación Correlingua organiza cada ano estas iniciativas cada ano en localidades de todo o país, reivindicando o uso do galego a través de actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades. Lugo acollerá o día 28 de maio a terceira e última festa do Correlingua na provincia, tras a de Monforte e Mondoñedo.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



