A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reuniuse co alcalde, Manuel Otero, para tratar o funcionamento da actual unidade de atención temperá, que atende a 90 nenos e nenas ao ano
Mondoñedo, 17 de maio de 2025. A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reuniuse esta semana co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, para abordar o funcionamento e as necesidades da unidade de atención temperá. Na visita, a directora xeral destacou a importancia do servizo prestado pola actual unidade de atención temperá, que atende actualmente a 90 nenos e nenas ao ano, e puxo en valor a satisfacción das familias usuarias.
Esta unidade, con sede en Mondoñedo, presta servizo a dez concellos: Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, A Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol. A Xunta financia esta unidade a través da orde de axudas destinadas a concellos, cofinanciada con fondos FSE+, a través da que destina máis de 183.000€ anuais a esta agrupación.
Na reunión, Xunta e Concello trataron a posibilidade de colaboración para poder prestar servizo aos usuarios da unidade que cumpren 6 anos e precisan seguir contando con estas terapias. Precisamente, unha das prioridades da Xunta nesta lexislatura é impulsar o servizo de atención postemperá en Galicia, unha iniciativa que arrancará o ano que vén en Vigo, coa posta en marcha dunha nova unidade que tamén contará con servizo de atención postemperá, para nenos maiores de 6 anos. O obxectivo é que os menores que sigan precisando destas terapias poidan seguir contando cun servizo que atenda as súas necesidades.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



