Non señor, eu non fun deses pobres galegos emigrantes que tivo que saír a ganalo pan fora da miña patria lonxe da miña familia, lonxe dos meus, non señor, non quero que me digan esa verdade nunca mais. Eu, gracias a Señora Ministra de Traballo, xa non son un Emigrante, son, mellor dito, fun un galego con Mobilidade Exterior. Si señor, agora xa me terán envexa aqueles que aínda non saben que tiveron Mobilidade Exterior na vez de emigración. E así dun prumazo eu deixei de ser un desgraciado emigrante como case todos os que teñen que deixar a familia, os fillos, a muller, a moza, a vida, as esperanzas que tiña de vivir na súa terra, para ser un orgulloso con mobilidade exterior, que ven sendo o mesmo pero non é igual, por que ademais así o dixo a Ministra e iso vaia Misa.
Noutro escrito destes non fai moito, reclamaba un diccionario politicamente correcto e menos mal que non o conseguín, xa que así podía vir a nova definición do feito de ter que ir a traballar o estranxeiro. Por exemplo tamén terán que introducir novos termos como a definición de aqueles señores estranxeiros que se veñen a vivir con nos. Antes chamábaselles INMIGRANTES; pois ben, agora xa non é así, agora teremos que dirixirnos a eles, como Eses Suxeitos que Usan a Mobilidade Interior, de tódolos xeitos se tivesemos algunha dubida sempre nos quedara algún político con mando que nos poda explicar como facer xa que parece ser que a palabra inmigrante aínda pode dar xogo para xustificar politicamente cousas inexplicables, por exemplo que nos quitan o traballo.
Tódolos pais e nais que están pensando en axudar a facerlles a maleta a seus fillos debido a que despois de acabar a carreira universitaria para emigrar a Deus sabe onde, que non teñan medo, os seus fillos xa non son emigrante son… eso que di a Ministra. E ademais tamén son os seres queridos que os arrancan do teu lado e que terán que enfrontarse o mundo sen estar ao teu lado. Pero alegrádevos, xa non son uns desgraciados emigrantes como fun eu e moitos máis.
Xosé Ruiz Leivas.


















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



