As laranxas recogeron o valiosísimo froito dos tres puntos en Ourense, que as mantén líderes de Primera División RFEF (61 puntos) tras un sufridísimo encontro ante oCidade das Burgas que finalizou con 4-5 para as da Mariña. Aínda que comenzou dominando o electrónico, uns minutos de desasosego obrigaron á escadra de Javier Pardeiro a armarse de casta, con Peque e Lidia como estandartes, para recuperarse dun 4-1 en contra xa no minuto 11.
O madrugador tanto de Haydee a pase de Peque, xa no minuto 2, facía presaxiar outra tarde de gloria para as burelistas, que se viu imprevisiblemente empañada polo oportunismo das ourensás, con catro goles en catro chegadas, aos 11 minutos. O empate de Sonia (minuto 5) subiu ao marcador nun contraataque ao que a defensa laranxa chegou un pouco tarde. Sen aparente perigo, poucos segundos despois, Figo anotou o 2-1 dende saque de banda ao segundo pao. Iria ampliou a renta no 8, ap aprovechar un despexe na área visitante e o 4-1 colocouse de nuevo ao contraataque, nas zapatillas de Figo. Despois da incertidume, Peque recortou distancias, no 12, con 4-2 á chegada do descanso.
No segundo período, as de Pardeiro sairon concienciadas para a remontada. No 23, volveu a aparecer Peque para subir o 4-3. Tralo empuxe laranxa e sen fortuna nas tentativas de Peque, contra o largueiro, e Dolo, no pao, Lidia subiu a alegría do empate no minuto 34. Tres minutos houbo que agardar para recuperar o control do electrónico, con hat-trick de Peque (4-5), que se convirte na máxima artilleira laranxa. Sen resignarse, as locais reaccionaron polo xogo de cinco para tomar de novo a iniciativa no resultado; a expulsión de Iria, por dobre amarela deixounas en inferioridade na recta final.
O Burela FS Pescados Rubén durmirá con catro puntos de vantaxe sobre o seu rival directo, Atlético de Madrid Navalcarnero, que recibirá mañá ao Lacturale Gurpea Navarra, sexto (42 puntos), ás 13.30 horas en La Estación.
Ficha técnica
Cidade das Burgas FS: Ana, Peke, María Arias, Iria, Sonia, cinco inicial; tamén xogaron Figo e Nerea.
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Haydee, Lidia, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Dolo e Maite.
Goles: 0-1, minuto 2, Haydee; 1-1, minuto 5, Sonia; 2-1, minuto 5, Figo; 3-1, minuto 8, Iria; 4-1, minuto 11, Figo; 4-2, minuto 12, Peque; 4-3, minuto 23, Peque; 4-4, minuto 34, Lidia; 4-5, minuto 37, Peque.
Tarxetas: Por Cidade amarela a Figo (minuto 10), Iria (28 e 38) e Sonia (38). Por Burela FS a Paula (34, no banquiño), Peque (35) e Lidia (38).






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
