Decíamos en anterior entrega, ó falar da asociación O Feitizo, no 35 compreanos, que a súa orixe haí que buscala na Feira do Arte Popular Galego, nome suxerido por Díaz Pardo, a quen os organizadores acudiron en demanda dos seus consellos. Por certo que ó ilustre ceramista o engaiolou a idea de xuntar ós artesáns traballando á vista do público, o que nunca se fixera. O seu fillo Xosé diseñou o cartel, e a prestixosa firma participou coas súas pezas por vez primeira en mostra desta natureza, cando só había un par de anos que estaban no mercado. Foi importante atractivo para o certame, que vivíu tres edicións. Os organizadores percorreron a zona á búsqueda de artesáns (ano 1971) e así apareceron cesteiros en Budián, zoqueiros no Valadouro, alfareiros en Mondoñedo, telar en Cangas, taxidermista en Barreiros… Luis G. Pacios, pintor lugués que na cidade ensinaba as técnicas da pintura, envía obra dos seus discípulos, pintores e escultores, que atendería o intelectual Adolfo Abel Vilela, a quen unha inoportuna avería no proxector de diapositivas impedíu dar a programada charla”A arte na Capela Sixtina”. O Orfeón de Mondoñedo actuara na inauguración na que se agasallou con pulpo servido polo lugués Manolo Cancela, dende o stand enxebre que Pazo Ribeiro instalara no recinto feiral.A Feira medra e amigos espallados por Galicia facilitan a achega de novos elementos: Elvira R. Osorio, a tecedora chantadina mais prestixosa e galardonada do país, artífice de pezas que foron a mans de políticos e reis, ou do Papa; Pepe de Burón, de Mañente, que tallou en madeira unha réplica da imprenta de Guttemberg que, imprimindo na feira, con letras tamén talladas, causara sensación; a singular aportación dun grupo de teleclubs; a actuación da rondalla Iris de Monforte; teatro galego… e sobre todo a presencia do macro stand de artesanía da Cidade dos Muchachos de Ourense, completaban o contido dun novedoso feito cultural que sorprendeo a propios e estranos. De varios puntos de Galicia chegaron excursións . Foi a primeira vez que, despois da guerra civil, ondeou en Foz a bandeira galega. Hai 40 anos…
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



