No día de onte naceu unha nova asociación no municipio de Lourenzá. Promovida polo Concello e as Escolas Deportivas, no Salón de Actos do Concello tivo unha xuntanza onde se constituíu a “Asociación de Senderismo Terras de Lourenzá”. A directiva queda formada por Miguel Ángel Gavín Sánchez (Presidente), Fabián Reino López (secretario), Mª Fé Fernández Otero (tesorera), Emilio López González (vocal), Leonor García García (vocal), José Cuadrado Oural (vocal) e Pura Álvarez Rico (vocal). O grupo parte xa cun número de 30 socios que se pensa ir ampliando nas próximas xuntanzas. A seguinte está convocada xa para o día 29 de abril ás 21:00 horas no Salón de Actos do Concello. Todos aqueles que desexen participar nesta nova iniciativa poden asistir á mesma.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



