O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de “Maia”, nai de Mercurio, deus que representa o trunfo da vexetación, o “mes das flores”. En maio remátase de sementa-lo millo, e cando se facía na última finca dunha casa poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor; era “poñer o ramo ó maio”. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven San Xoán que as trae mellores”. A maio refírense unha chea de refráns e algúns ditos, como aquel que se aplica á muller que vai para o traballo e entretense falando con outra persoa: “non fagas como a da grade”, que procede dunha rapaza que, pola mañanciña, cando se dirixía a gradar unha finca atopouse co mozo e pasou o día falando con el. Ó anoitecer, ó volver para a casa, exclamaba: “días de maio, días de amargura, inda ben non amañece xa é noite escura”. Acontece a apoteose florida da vida, a celebrar entre a paisaxe e a paisanaxe: escóitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do “tempo claro”, bo agoiro entre as xentes do rural: significa amor, fartura, bo tempo. Comezan así as festas do ramo florido. A flor como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente. “Os maios” son unha das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que da a natureza apreciase a creatividade das xentes nas composicións florais, ou nas coplas que acompañan ós maios, fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico. Os maios poden ser “humanos “ ou “figurados”. Nos primeiros un cativo é o “maio”. Aquí o neno ou mozo cúbrese con flores, fionllo, herbas e espadanas, imitando as vestimentas dos peregrinos; os “figurados” fórmaos unha figura cónica, piramidal, de cruceiro, de barco ou monumento, transportados sobre plataformas, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación.
“Aí ven o maio/ florido e galán, / tódalas rapazas /amores lle dan” (A. Cunqueiro)
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



