O venres, 5 de abril, ás 19:00 horas, continúa o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Ignacio Crespo Liñeiro baixo o título “O pecio de Xove. Un exemplo da riqueza patrimonial sumerxida na Mariña Lucense”. Será no Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Estes relatorios teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. Organizan Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinan a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial. A entrada é de balde.
Nova conferencia no Museo do Mar
Nova conferencia no Museo do Mar
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional