Burela, 12 de abril de 2013. Burela busca familias comprometidas co medio ambiente para iniciar o programa Fogares verdes, unha iniciativa do Centro Nacional de Educación Ambiental dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
“O obxectivo do programa é concienciar á cidadanía sobre a necesidade de aforrar enerxía e auga nos seus fogares, co fin de reducir a súa contribución ao cambio climático e colaborar activamente na protección do medio ambiente”, segundo explica a edil Patricia López Eijo.
A Red Española de Ciudades por el Clima da que é membro o Concello de Burela está a colaborar activamente para difundir a actividade entre as entidades locais e está a facilitar os kits de aforro de auga e enerxía, que están valorados nuns 75 euros, “aínda que as familias interesadas os recibirán de xeito totalmente gratuíto”. Están compostos de: lámpada de baixo consumo, reloxo de ducha, aireador, esparexedor de ducha, estación meteorolóxica con cable e bolsa da compra reutilizable.
Fogares verdes é un programa educativo dirixido a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiás “promovendo o autocontrol do consumo doméstico de auga e enerxía, introducindo medidas a comportamentos aforradores e axudando a facer unha compra máis ética e máis ecolóxica”, engade a concelleira de Medio Ambiente.
Os participantes na primeira fase terán coma proposta un ambicioso reto colectivo: reducir as emisións de CO2 nun 5’2% e diminuír entre un 6 e un 10% o consumo doméstico de auga. López Eijo engade que “o consumo global de auga e enerxía dos fogares españois é moi significativo. Os cidadáns somos responsables do 30% do consumo de enerxía e do 10% da auga total do noso país. Hai que impulsar cambios que permitan un uso máis sostible e solidario dos recursos colectivos, algo que terá consecuencias moi positivas para o noso peto e para o patrimonio común”.
Os fogares bureleses que se sumen a esta iniciativa poderán acudir a xuntanzas trimestrais para intercambiar información, recibirán atención personalizada, presencial ou a través do teléfono ou correo electrónico para resolver as dúbidas que poidan ter e recibirán material con información e recomendación prácticas e un sinxelo equipo de mostra e aforro. Os interesados poden dirixirse á oficina de medio ambiente do Concello de Burela.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



