Cervo, 12 de abril de 2013-O Concello de Cervo vén de recibir unha sentenza ao seu favor na que se informa de que Unión Fenosa terá que pagarlle á administración local uns 366.000 euros, unha contía na que se inclúen 321.000 euros en concepto de liquidación da taxa polo paso das liñas eléctricas en dominio público correspondente ao ano 2008, e os intereses de demora por un valor de 45.000 euros. Ao mesmo tempo, a compañía terá que asumir as costas do xuízo que ascenden a 1.000 euros. Deste xeito, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón ao Concello, e recoñece o seu dereito a percibir ese importe que a eléctrica se negaba a pagar.
“Dende o Concello sempre tivemos claro que tiñamos que reclamar e defender os nosos dereitos como administración local” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que lembrou que “por responsabilidade o Concello tiña que defender uns cartos que lle correspondían e que, polo tanto, son cartos públicos”. Así, para Villares “este fallo é moi importante, xa que recoñece os nosos dereitos como administración local e defende os intereses públicos tendo en conta que eses cartos entrarán nas arcas municipais e reportará un beneficio para a tesourería”.
Neste sentido o rexedor cervense quixo recoñecer o “excelente traballo desenvolvido polos empregados municipais dos departamentos de Secretaría, Intervención e a Oficina Técnica, que cos seus informes fixeron posible a defensa dos dereitos do Concello”.
Antecedentes
Todo comezou en xuño de 2009, cando a Xunta de Goberno Local aprobara a liquidación desa taxa, que debía pagar Unión Fenosa. Pero a compañía non estaba de acordo con esta decisión, que por outro lado estaba baseada nunha ordenanza fiscal municipal e no Texto Refundido da Lei de Facendas Locais. Así, Unión Fenosa quixo evitar o pagamento deste importe presentando un recurso de reposición contra o acordo da Xunta de Goberno.
Un recurso que fora desestimado pola Xunta de Goberno, o que non impediu que a compañía iniciase unha pugna xudicial contra o Concello. Así, Unión Fenosa presentara un recurso no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Lugo contra o acordo da Xunta de Goberno, que foi desestimado.
Pero a compañía seguiu reclamando, nesta ocasión apelando a sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De novo o Concello gañou o litixio a través dun fallo do que se tivo coñecemento nestes días. O alcalde explicou que “a compañía quixo levar ata o último extremo a súa negativa a aboarnos o que nos correspondía, recorrendo a todos os procedementos administrativos e xudiciais e esgotando todas as vías posibles para evitar o pagamento”.
Uns litixios que “provocaron unha grande inquietude dentro do goberno local e do Concello xa que, aínda que eramos conscientes de estar defendendo unha causa lexítima, preocupábanos a fortaleza dos gabinetes xurídicos dunha multinacional coma esta”. Aínda así, “decidimos defender os intereses públicos dos nosos veciños”. “Sabiamos que tiñamos a razón do noso lado, e así o contemplaban tamén os informes técnicos elaborados polo persoal municipal, que fixo un grande traballo en beneficio de toda a veciñanza”, remata Villares.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



