-En total acudiron a esta iniciativa máis de 30 persoas da Mariña, doutras zonas de Galicia e incluso de Madrid ou Euskadi interesadas en coñecer de preto estes oficios tradicionais.
-O alcalde Alfonso Villares participou nas actividades impartidas polo ceramista Estéfano Gudín e o carpinteiro de ribeira Francisco Fra.
Cervo, 2 de abril de 2013-O Concello de Cervo valorou moi positivamente os Obradoiros con Alma que se desenvolveron en Semana Santa en dous talleres de artesáns do municipio. En concreto as actividades foron impartidas polo ceramista Estéfano Gudín e polo carpinteiro de ribeira Francisco Fra nos seus respectivos centros de traballo os días 29 e 30 de marzo. Ao mesmo tempo, Gudín tamén ofreceu unha actividade específica para nenos o mércores 27.
Uns obradoiros nos que ambos artesáns abriron ao público os seus talleres. No caso de Gudín Cerámica o artesán, Estéfano, explicou aos asistentes como se elabora unha peza de cerámica, dende a escultura pasando polo molde ata chegar á propia obra. Ao mesmo tempo ofreceu aos participantes a oportunidade de facer a man unha peza de gres ou de pintar unha xa creada no seu taller. Pola súa banda o carpinteiro de ribeira, Francisco Fra explicou aos asistentes a historia e a tradición da súa actividade facendo un percorrido polas instalacións do estaleiro, así como os distintos pasos a dar no proceso de construción dun barco. Ademais, o carpinteiro fixo unha demostración en vivo de cómo se proxecta unha embarcación, comezando polo primeiro paso, que consiste na elaboración dun modelo de medio casco e a partir de aí, o trazado da caixa de cuadernas a escala.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asistiu a unha das sesións programadas nesta Semana Santa en ambos obradoiros cervenses para comprobar de preto as experiencias que viven os visitantes que participan nesta iniciativa. O rexedor destacou que se trata dun “programa con numerosos beneficios, que permite a captación de turistas e visitantes a través do coñecemento in situ de oficios artesanais reais” de forma que ao mesmo tempo “se contribúe a dar máis visibilidade e valor a estas tarefas tradicionais e se fomenta tamén a súa continuidade”.
Turismo de experiencias
O mandatario cervense destacou a afluencia de público rexistrada nestes días nos Obradoiros con Alma programados nos dous talleres cervenses, nos que participaron máis de 30 persoas en total procedentes de diferentes puntos da Mariña, doutras provincias galegas e incluso de Madrid ou Euskadi.
Unhas cifras que demostran que “o achegamento á artesanía segue espertando o interese dos nosos visitantes” e que, ao esmo tempo, “é un dos camiños a seguir na potenciación turística de Cervo en particular e da Mariña en xeral como reclamo turístico de calidade que nos permite diferenciarnos como territorio no que se manteñen vivos os oficios tradicionais” e no que xunto cos numerosos atractivos naturais ou patrimoniais “podemos ofrecer un valor engadido como a artesanía con alma”. “Os artesáns de Cervo manifestaron a súa satisfacción cos resultados obtidos” engade Villares, que explica que xa hai visitantes que trasladaron o seu desexo de repetir.
Os Obradoiros con Alma arrincaron esta Semana Santa, pero continuarán ofrecéndose todos os sábados durante os vindeiros meses. Unha iniciativa que forma parte dun programa de actividades de atracción turística programadas pola Mancomunidade de Municipios da Mariña baseadas nas experiencias dos visitantes nos distintos talleres de artesáns da comarca.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



