O prazo para presentar candidaturas á presidencia remata o día 17 deste mes e unha delas será a de Javier Jorge Castiñeira
Foz, 13 de abril de 2013. A xunta xestora do Partido Popular convoca aos afiliados ao congreso local no que se elixirá o novo comité local do partido, xuntanza que se celebrará o día 10 de maio no salón de actos da Casa de Cultura ás 20,30 horas. Así o anuncio hoxe o secretario da xestora, José Manuel Martínez Chao, quen tamén deu a coñecer “a todos os afiliados do PP de Foz que está aberto o prazo para a presentación de candidatos á presidencia de dito comité local, período que remata o vindeiro día 17 de abril. Polo tanto todos os interesados en presentarse deben comunicalo na sede do partido, que está na avenida da Mariña número 42 de Foz, en horario de seis e media a oito e media da tarde todos os días de luns a venres”.
Por outra banda, a xunta xestora “quere agradecer ao Partido Popular provincial, autonómico e nacional a confianza depositada no seu nomeamento e, como non, a todos os afiliados, simpatizantes e en xeral a todos os cidadáns de Foz a gratitude mostrada” e resalta que “ao longo destes case catro anos que está xunta xestora estivo ao fronte do Partido Popular en Foz conseguíronse logros tan importantes como a consecución da alcaldía, así como ser a forza política máis votada en todas as eleccións que se celebraron: europeas, nacionais, autonómicas e no eido local. Desde a presidencia e a secretaría desta xunta xestora, e recollendo o sentir de todos os membros da mesma, grazas a todos pola colaboración e desexamos moita sorte aos novos compoñentes do próximo comité local”.
Para a presidencia do novo comité local do Partido Popular de Foz xa está confirmada unha candidatura, que é a de Javier Jorge Castiñeira.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



