Lugo, 13 de abril de 2013.- O Partido Popular de Ribadeo celebrará o seu congreso local o sábado 4 de maio logo da convocatoria oficial por parte da dirección provincial. Nel poderán participar -co seu voto directo- todos os militantes da formación política ribadense que estean ao corrente das súas cotas de afiliación.
A apertura deste proceso de elección democrática permitirá que os afiliados escollan ás persoas que formarán parte da dirección do Partido Popular a nivel local e marquen a estratexia política a desenvolver nos vindeiros anos, coa vista posta nas próximas citas electorais e, moi especialmente, nas municipais, onde teñen o reto de acadar a alcaldía.
En maio de 2012 constituíuse, conforme ao previsto nos estatutos do partido e con carácter provisional, a Xestora do PP de Ribadeo co obxectivo de impulsar a acción política local e abrir o proceso de renovación que concluirá coa elección directa da nova dirección.
O congreso local do PP de Ribadeo é a primeira cita a nivel local convocada polo Partido Popular de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido Jose Manuel Barreiro como presidente lucense. Os populares teñen previsto convocar novos congresos locais en distintos puntos da provincia e desenvolver, en consecuencia, un amplo proceso de renovación e elección democrática en un importante número das súas formacións locais.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



