A Academia non ergue cabeza. Logo da escandaleira que remataría por provocar a renuncia de Méndez Ferrín, mais que non serviu para clarexar e dar respostas a dúbidas ben graves a respecto da súa xestión, o principal alicerce institucional da nosa fala atravesa días penosos. A trama palaciana invade a rúa das Tabernas. A elección da (algúns non perdemos a esperanza) ou do sucesor de Ferrín acabou por converter a RAG nunha caste de senado romano, onde há lugar para a elucubración, a conspiración e mesmo a traizóns en forma de apoios que van e veñen.
Non son partidario de ningunha das dúas candidaturas. Nin a continuísta de Manuel González, nin a súa alternancia (que non necesariamente alternativa) encabezada por un Alonso Montero, que coido ninguén imaxinara até agora como eventual Presidente da RAG. Por algo sería.
Máis que propostas diferentes para o necesario relanzamento e osixenación da Academia, ficamos perante máis unha expresión dun conflito entre sectores da aristocracia intelectual que se arroga a dirección do destino da vida cultural do noso país. Porén, afortunadamente a nosa cultura latexa na base. Nas rúas, nos recunchos do noso país, nos grandes e pequenos auditorios, nos obradoiros, nos circuítos amateur, nos locais de ensaio, nas pequenas mostras e certames. Nos furanchos. Non nos despachos. A cultura de futuro arrecende a arxila fresca, a verbas novas, a lenzo a medio pintar. Non a naftalina, nin a egos incólumes, nin a biografías grandilocuentes. Sabe a creación, non a disputa. E menos a disputa de poder.
E no medio desta batalla de salón, fica un idioma que segue a ser golpeado con saña por quen detesta o noso feito diferencial, o noso ser colectivo, a nosa identidade nacional. Os que se afanan en acadar a dirección do instrumento, non deberan esquecer a súa misión. Se cadra cómpre unha outra alternativa que conciba as persoas, e as equipas, como medios ao servizo dunha causa, e non ao contrario. Ogallá –por xustiza– teña nome de muller.
Xabier P. Igrexas
www.contradiscurso.net | @contradiscurso


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



