O que faltaba para o peso! (para tres céntimos de euro, ao cambio): Do venres (15 de marzo) ao sábado houbo unha longa noite de coitelos longos (e ben afiados,seica) na xuntanza do Eurogrupo co Fondo Monetario Internacional. Dela saíu un acordo apoiado pola directora do FMI e os ministros de Economía de Alemaña, Austria, Finlandia e outros Estados “do euro”: aplicar unha “quita” do 12% sobre os depósitos bancarios de Chipre, para obter uns 7.000 millóns de euros.
Os medios de comunicación informáronnos posteriormente de que na xuntanza da troika (Comisión Europea, BCE e FMI) suavizaron esa postura para que o custo final das propietarios dos depósitos bancarios fose de 5.800 millóns de euros e a “expropiación” non se fixese linealmente, senón pagando unha maior porcentaxe a partir dos 100.000 euros por conta bancaria. Resulta que Comisión Europea, Unión Europea e Fondo Monetario Internacional decidiron, pois, roubar unha parte dos aforros depositados nas entidades que compoñen o sistema financeiro de Chipre, para facer fronte aos 5.800 millóns de euros que estiman necesita urxentemente. A súa banca privada para recapitalizarse.
Cómpre non esquecer que, co obxectivo explícito de dar credibilidade ao sistema bancario da Unión Económica Monetaria (UEM), aprobouse ao comezo da actual crise económica: a cantidade garantida para os depósitos dos aforradores bancarios multiplicouse por cinco, xa que pasou de 20.000 a 100.000 euros por persoa e Banco ou Caixa. Se non lembro mal, o estado irlandés inmerso nunha gravísima crise da Banca, foi máis alá e garantiu sen límite os aforros nas súas entidades, para maior fiúza das moitas persoas que estaban a retirar o seu diñeiro.
De manual de primeiro de


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



