Cunha participación de máis de 1000 atletas chegados de todos os puntos da xeografía española, disputouse o pasado domingo na cidade da Coruña, o Campeonato Galego e de España de Maratón. Os atletas tiveron que dar tres voltas a un circuíto de 17 km ata completar o percorrido de 42 km e 195 metros, e por fin a climatoloxía quixo acompañar a todos os atletas facendo un día soleado coa única pega dunha lixeira brisa que os acompañou durante toda a proba.
Polo que respecta ós atletas do club vivairense, demostraron estar ó máis alto nivel acadando 9 medallas. No apartado feminino, destacar a excelente proba que realizou Manuela Guisasola, proclamándose campioa galega e subcampioa de España na categoría de W-50, cun tempo de 3 horas 43 minutos e 02 segundos, sendo a súa primeira participación nunha maratón; a súa compañeira Isabel Brea na categoría de W-60 fíxose co campionato galego.
No apartado masculino, Antonio Cabana en M-70, proclamouse campión galego e campión de España, cun tempo de 3 horas, 52 minutos e 01 segundos; o seu compañeiro Emilio Martínez en M-50 fíxose co campionato galego e co subcampionato de España, cun tempo de 2 horas 41 minutos e 26 segundos; e Jesús Bernal na categoría de M-65, foi segundo no campionato galego e terceiro no campionato de España.
Outros atletas destacados foron Eliseo López en M-60 que ocupou o cuarto posto no campionato galego e Emilio Toral en M-55 que foi octavo no campionato galego.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
