Foz, 23 de abril de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz está de aniversario. O vindeiro xoves, 25 de abril, cumpre 25 anos. ACIA celebrará esta data cunha mesa redonda e cunha cea.
A xornada conmemorativa arrincará ás 20:15 horas na Casa da Cultura de Foz. Alí os ex presidentes da ACIA local e o actual, Suso Fernández, Manuel Alberto Fraga e José Carlos Paleo, falarán do pasado, do presente e do futuro deste colectivo, lembrarán cómo foron os inicios, o traballo realizado por todos eles e os proxectos para os vindeiros meses. A este acto asistirá o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e outras autoridades locais e comarcais. Ademais compañeiros doutras asociacións da zona arrouparán á ACIA focense nesta importante data.
Para as 22 horas está prevista a cea polo 25 aniversario da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, que se desenvolverá no hotel restaurante Leytón. No acto entregaranse os premios os gañadores da X Ruta de Tapas que se celebrou a pasada semana santa. Recibirán os seus diplomas e agasallos: A Casa da Roxa, A Maseira e as pastelerías Xoyma e Anduriña.
Esta é unha semana chea de actividades para a ACIA de Foz, xa que na xornada de onte daba comezo a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se prolongará ata o vindeiro 3 maio, data na que se sortearán 2.000 euros en tarxetas regalo para gastar no comercio tradicional da vila, “algo que axudará a incentivar as compras do día da nai”, segundo explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes. E o venres, 26 de abril, ás 12 da mañá en Radio Foz terá lugar o sorteo dos premios que se puxeron en xogo na II Ruta dos Viños que se celebrou durante os pasados meses de febreiro e marzo. Entre os clientes que selaron a tarxeta en tódolos locais participantes, que foron 29, sortearanse varios premios: o primeiro é de 300 euros en vales de compra e diploma de “Ruteiro Maior”, ao segundo corresponderanlle 150 euros en vales de compra e haberá 4 premios de 100 euros cada un en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.





















Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



