• O voceiro socialista e portavoz de vías e obras confirma os datos que sospeitaba o PP e para que cadren as cifras tería que existir un modificado, que él mesmo confirma, e non está aprobado
• A única razón pola que non se chega acordo para auxiliar ao concello de Portomarín, é porque non goberna nin PSOE nin BNG neste concello
Lugo 30 de abril de 2013- Logo da sesión provincial plenaria desta mañá os populares denuncian que o presidente da Deputación se negue a investigar responsabilidades que atinxen a supostas irregularidades acometidas no KM0 e nas denuncias por presunto acoso laboral a funcionarios.
Sorprende tamén que o BNG sexa cómplice necesario e se negue a escoitar aos traballadores, “ o PP, sen posicionamentos, e con claro respecto a presunción de inocencia, só quería saber a realidade e non entende porque se quere ocultar.
IES AS MERCEDES
O PP foi moi critico co PSOE e BNG en materia educativa posto que aproban leis e logo non queren que se apliquen. Elena Candia explicou que respalda neste punto a decisión do goberno, da Consellería de Educación, pero ao mesmo tempo, asumíu o compromiso de facerlles chegar as preocupacións da comunidade educativa que discrepa desa decisión. Entendeu Candia a preocupación dos pais pero non entende a postura do PSOE e BNG, que pecharon escolas rurais e centros cando tiñan responsabilidades no goberno e agora non apostan por unha transformación que mellorará a oferta educativa e traerá un investimento de 4 millóns de euros para Lugo. Ainda así dende GPP ofreceron a súa disponibilidade aos asistentes na sesión plenaria posto que “estamos a total disposición dos lucenses para traballar”.
ESTRADA RIOTORTO
“Tal é a falta de transparencia que nos expedientes da Deputación ata desaparecen os modificados”. O GPP asegura que as respostas dadas polo delegado de obras, Manuel Martínez, confirma os datos que sospeitaban os populares, dependendo do técnico consultado existe ou non existe.
ABORTO: NON EXISTE NIN PROXECTO NIN ANTEPROXECTO
“Prudencia, serenidade e sosego nun tema tan importante coma este”- pediu o GPP. Candia reproduceu en verbas do propio ministro que o PP non vai limitar ningún dereito da muller.
ESTRADA DE PORTOMARÍN
Os populares aseguran que a única razón pola que non se chega acordo para auxiliar ao concello de Portomarín, é porque non goberna nin PSOE nin BNG neste concello.
O GPP lamenta a imaxe que está dando esta administración provincial e a orde do día de hoxe así o atestigua, posto que tres dos asuntos que alí se debateron están sendo investigados pola Fiscalía: xestión do KM0, posible acoso laboral e irregularidades en dúas obras, Monterroso e Riotorto, polo que a voceira pedíu ao presidente que asuma as súas responsabilidades, da administración que lle paga, dado que necesita unha intervención urxente, posto que “os problemas na institución provincial nuns casos cronifícanse e noutros estallan, pero nunca os arranxa”.