Dous alumnos do IES Perdouro de Burela están seleccionados pola fundación PAIDEIA para facer aprendizaxe no país xermano. Rubén Alonso e Alberto Cabana, alumnos do ciclo medio de Mecanizado realizarán prácticas na cidade alemá de Karlsruhe. Convivirán co cadro de persoal de empresas do sector do metal durante un mes con opción a unha prórroga e incluso a un posterior contrato de traballo. Antes de viaxaren a Alemaña, os citados alumnos están recibindo nas instalacións da fundación PAIDEIA formación sobre a lingua, estilo de vida e costumes do país de acollida. A viaxe, prevista para o día 26 de abril, estará cofinanciada pola fundación PAIDEIA, o programa IdA (Integración a través de Intercambio) e o Fondo Social Europeo. Estas entidades tamén se farán cargo dos gastos da estancia e a formación dos dous mozos da Mariña. O IES Perdouro está promovendo actualmente este tipo de actuacións para apoiar o alumnado na busca activa de emprego e na adquisición de experiencias internacionais.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



