A Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña convoca unha reunión informativa para finais deste mes. O acto celebrarase o sábado 27 a partir das cinco e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro. Cristina Fernández, da Plataforma Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña; Miguel López Crespo, Unión de Consumidores de Galicia; e o avogado Roberto Guerra avaliarán a situación actual e tamén abordarán a vía arbitral, a quita e as consecuencias, a vía xudicial; ademais de aclarar calquera dúbida ou observación que se lles faga chegar.
Reunión informativa da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña
Reunión informativa da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña
Relacionado
-
A área de Santa Cruz acolleu unha xornada e encontro para compartir entre todos os participantes no programa Preto de Ti da Concellería de Benestar Social, que achega ás parroquias de Ribadeo actividades co obxectivo de fomentar a convivencia entre veciñas e veciños
-
Debido ás modificacións do tráfico con motivo do Resurrection Fest, non estará permitido o estacionamento na rúa Lavandeiras desde o luns 23 de xuño ás 08:00 horas ata o martes 1 de xullo ás 08:00 horas
-
O alumnado de 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participou esta semana nun bautismo de mergullo na piscina municipal