Ribadeo, 5 de abril de 2013. A Casa da Xuventude acollerá do 23 ao 26 de abril un curso de emprendemento feminino, organizado polas Concellarías de Igualdade e Desenvolvemento Local. A cita está enmarcada dentro do programa Ribadeo emprende e foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, indicou que “estamos a traballar dun xeito transversal e colaboración entre as diferentes concellarías. Primeiro foi entre Mocidade e Desenvolvemento e agora Igualdade e Desenvolvemento para ir abordando os diferentes colectivos dun modo máis específico. No caso das mulleres sabemos que para moitas delas a opción do emprendemento é unha das saídas ao mercado laboral”. A edil nacionalista entende que “non debe ser unha saída a calquera prezo, senón que debemos ir traballando valores e actitudes capaces de estimular a innovación, a creatividade, o traballo en rede e o emprego das tecnoloxías, en xeral esas novas tendencias que hai dentro do campo do emprendemento, a través das que queremos ir fomentando unha dinámica creadora de futuro e que poidamos construír entre todos e entre todas”.
Con este curso de emprendemento feminino “o que queremos é fomentar o micro emprendemento, que simbolice actitudes positivas e activas ante as dificultades que estamos a vivir nestes momentos, que cre unha intelixencia colectiva, que fixen a mirada na importancia da igualdade e que ao tempo se atopen novos sectores e novas formas de facer unha economía para as persoas”, engadiu Martínez.
O curso desenvolverase do 23 ao 26 de abril en horario de 16 a 20 horas na Casa da Xuventude. A inscrición está aberta e pódese realizar nas seguintes direccións de correo electrónico: adl@ribadeo.org e cim@ribadeo.org ou tamén a través dos seguintes números de teléfono 982 120 701 e 982 120 739.
A concelleira de Desenvolvemento Local subliñou que “o curso é gratuíto e animamos a todas cantas mulleres queiran participar a inscribirse nel. Estará composto de catro xornadas nas que abordaremos: aprender en tempo de crise, o autoemprego; a importancia da marca persoal do emprendedor; o marketing dixital, grandes recursos para lanzar o noso negocio a prezo asequibles; exemplos reais e casos prácticos e remataremos ese último día cunha mesa coloquio”.
O curso foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello polas concelleiras de Igualdade e Desenvolvemento Local, Ana Martínez e Mariluz Álvarez Lastra.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



