“Puede decirse que surgió de la nada la existencia de nuestra Sociedad. por el año 1918, cuando en la mayor parte del país, y desde luego en Foz, el hambre y la epidemia gripal azotaban el hogar de los humildes. Fue entonces cuando surgió la idea de constituir una Sociedad de Socorros Mútuos entre los obreros de todos los oficio para hacer frente a tan angustiosa situación…”.Nos estatutos, legalizados o 22 de abril de 1918 – hai 94 anos- figuraban como fins “socorrer en la forma que dicte el reglamento, a todos sus individuos, que por enfermedad temporal o inutilidad permanente se hallan imposibilitados para sus trabajos habituales”; asimesmo se incluían outros auxilios e obxetivos, como era unha axuda familiar en caso de morte e a creación dun centro docente “donde pueda darse la enseñanza primaria y superior, cuando el estado de la Sociedad lo permita”. En caso de enfermidade, ademais da atención sanitaria, o socio tiña dereito a 1,50 pts. diarias e ás menciñas. De necesitarse operación qurúrxica, a Sociedade xestionaría o ingreso nun hospital abonando os gastos de viaxe a que deran lugar. Contemplábase a posibilidade de que a Sociedade concedese créditos ós seus asociados a un interese do 3%. En 1923 redáctanse novos estatutos e pasa a denominarse Pósito Marítimo e Terrestre de Foz, engadindo ós anteriores os obxetivos de organizar a comercialización e exportación da pesca, adquirir novas embarcacións e utensilios, establecer os seguros de vellez e de viudez e orfandade… Seis anos mais tarde (1929) créase a Confraría de Pescadores que potenciaba os fins e medios das entidades precedentes. A fundación do Instituto Social da Mariña en 1942 e o Montepío do Mar en 1952 ven a relegar a función asistencial da Confraría e a Sociedade de Socorros Mútuos segue ofrecendo atención médica ós seus asociados ata o ano 1960. Foi o último facultativo da mesma don Xosé Candia. Os promotores do ente eran xentes progresistas e preocupadas pola penuria económica e asistencial dos traballadores; pero esa carencia de medios fixeron inviable boa parte dos obxetivos que se marcara a Sociedade.
Suso Fernández.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



