Unifoz, quere informar aos veciños da incoherencia , e incompetencia na forma de gobernar do PP de Foz.
Mentres o Sr Alcalde nos conta todos os días que non hai cartos, este goberno segue gastando ao seu entoxo, como o demostra ,haber gastado case que mil euros en aluguer de cabalos para a cabalgata de reis pasada ( 726 €), case que 10.000 € na adquisición de unha impresora (9.759 €), ou case que dez mil euros (8.673 €), nunha auditoría que a Deputación a podería facer gratis para o Concello, e todo isto sen ningún procedemento de concurso de contratación , o que demostra unha vez máis a forma de gobernar a golpe de talonario.
Será pois, que ao Sr Alcalde, no lle interesa aprobar o ORZAMENTO MUNICIPAL, para poder gastar ao seu entoxo.
Unifoz, fará proposta de orzamentos para consensuar co resto dos grupos da oposición, e para presentar ao goberno para a súa aprobación.
Unifoz, insta ao PP de Foz, a seguir traballando no consenso e diálogo para conseguir a aprobación dos orzamentos, retirando dos mesmo a partida para contratar a empresas externas de xardinería e definir a organización do plan de emprego, así como definir as actuacións a realizar no mantemento nas parroquias do Concello.
Unifoz, recórdalle tamén ao Sr Alcalde, que de querer a aprobación dos orzamentos, pode facelo presentados vinculados a unha moción de confianza, de igual xeito que fixeron outros alcaldes de Valadouro, Ribadeo, Monforte ou Lugo.