Lugo 27-4-2013: “Se a Deputación detecta que a empresa cobrou máis cartos do que lle correspondería pola obra executada, reclamará a diferenza á concesionaria”. Foi a resposta dada polo voceiro do equipo de goberno, Manuel Martínez, o que ven a confirmar que pode existir un desfase de alo menos 190.000 euros na estrada Marco Álvare- As Rodrigas.
“Sorprende moito que efectuado o último pago, o 28 de setembro de 2012 o señor Martínez descoñeza a día de hoxe, se está ben ou mal pagado, máxime cando no expediente figura unha proposta de resolución contractual de mutuo acordo entre a empresa e a Deputación de Lugo, con data 1 de febreiro de 2013, materializando a vontade do organismo provincial de devolver o aval”- manifesta Elena Candia.
Afirma a voceira do PP na Deputación que a cantidade que figura no aval non garante o desfase detectado xa que, agás erro ou omisión, o aval acada a cantidade de 40.269 euros e o desfase detectado supera os 190.000 euros.
Lembra Candia que sumada a piscina de Monterroso, estamos a falar de desfases, por parte do organismo provincial, que superan os 85 millóns de pesetas, entre cantidade de diñeiro certificada e pagada e unidades de obra pendentes de executar.
Conclúe a popular manifestando que todas estas informacións confirman a necesidade de depurar responsabilidades políticas dado que pon de manifesto a falta de capacidade do que fai a Deputación cos cartos dos lucenses e asegura que o seu partido ten documentación que avala a súa información.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



