Viajes Lucus realizou unha viaxe a Costa do Sol e Marrocos de dez días de duración. Visitaron Marbella, Puerto Banus, Mijas, Málaga, Torremolinos, Ceuta e Tetuán, entre outros lugares. Gozaron dunhas excelentes temperaturas e dun tempo extraordinario podendo desfrutar do sol e da praia tódolos días. Repetirán de novo esta viaxe do 22 de maio ó 2 de xuño a un prezo de 335€ con todo incluído e para a que aínda hai prazas dispoñibles. Ademais, teñen programado unha viaxe ás Rias Baixas de 6 días de duración a un prezo de 185€ do 20 o 25 de Maio. Tamén irán a Santoinho o 1 e o 2 de xuño e o 9 e o 10, a un prezo de 100 Euros sábado e domingo, con mariscada, comida do bacallau, mercado en Valença, pensión completa e entrada no Santoinho. Mais información no 982 043 000 (Javi) ou en viajeslucus.com.



















Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



