Son tantos os políticos implicados en temas pouco edificantes que ser político hoxe supón un descrédito diante dos votantes (non políticos). A xente normal, moi alporizada perségueos aló onde vaian mesmo se meten coa familia e como dixo un político nacional de pro, “Os meus fillos que culpa teñen..?.” e como lle contestou “á distancia” dende a barra dun bar un desgraciado españolito de hoxe; que o escoitaba no televisor, “Os teus fillos comen e ós meus quítachelles a comida e o porvir….e digo eu “os meus fillos que culpa teñen”….” pero todo isto vaise acabar, refírome ós problemas de conciencia dos políticos xa que sabendo a erixen dos problemas, estes resólvense, pasa o mesmo que as enfermidades si se sabe a orixe delas pronto teñen amaño e os políticos acaban de descubrir que o ADN ten moito que ver coa súa situación, xa que despois do que pasou nas Illas Canarias queda demostrados que o pobo que habita nas Españas ten no seu ADN un “bichiño” que lle provoca ser propenso a enfermidade que chaman “apropiación indebida” e mentres iso non se cure todos incluíndo os políticos están infestados desa enfermidade.A ciencia descubriu tal peste na poboación hispana cando se rumoreou que os caixeiros dos bancos non contabilizaban os cartos que sacaras debido a que se estaba a facer unha fusión de dous bancos e nese intre os caixeiros daban cartos pero non os contabilizaban. Trescentos futuros políticos se contaron na cola dalgún CAIXEIRO dun banco quitando a esgallo cartos, e aínda os ensinaban a quen esperaban na cola para que visen que listos eran. Os trescentos desa cola terán que devolver os cartos. Pero si un so dos trescentos desa cola se presenta nas próximas eleccións xa temos un futuro implicado no que sexa. Por iso os xa implicados en algo xa teñen a desculpa de que “…procedendo dun pobo así, …e ademais os xenes non se cambian.. todos somos da mesma raza” Xa teñen a desculpa. Xa non son tan culpables e de ai ven o reforzo da frase que tanto empregan “E ti mais..” Esta frase dina porque realmente algo sospeitaban de que todos están no mesmo saco, pero agora xa teñen a confirmación de que todos de algún xeito levan un político implicado no seu corpo, por mor do ADN nacional.Parece que non é cuestión de individuos é cuestión de paisanaxe.
Xosé Ruiz Leivas