Ribadeo, 6 de maio de 2013.- A CIG-Ensino anima a todo o profesorado dos centros de ensino da Mariña a participar da folga convocada por toda a comunidade educativa o próximo xoves, día 9 de maio, contra a reforma educativa que quere aprobar o Goberno do Estado e contra os recortes na educación pública. Así mesmo, convida a participar a todos os veciños e veciñas da Mariña da concentración que se celebrará na Praza da Mariña de Burela, a partir das 11:30 horas, precisamente con ese motivo.
A convocatoria desta folga chega despois de que a CIG-Ensino levara a cabo unha intensa campaña de información e debate sobre unha lei “perversa e nociva” para o ensino público galego. A CIG-Ensino realizou durante este curso máis de 1.500 asembleas nos centros de ensino de Galiza para informar dos perigos da súa aprobación, e recolleu máis dez mil sinaturas de profesorado contra a LOMCE. Ademais, está a participar activamente nas mobilizacións promovidas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, como foron os peches nos centros de ensino por todo o país realizados no mes de abril.
Segundo Dores Fernández Abel, secretaria da CIG-Ensino na Mariña, “a LOMCE é profundamente españolizadora e privatizadora, retrotraendo o sistema educativo aos postulados do franquismo, reforza a confesionalidade do ensino e liquida a xa cativa xestión democrática dos centros quitándolle as competencias que agora teñen aos Consello Escolares. Tamén é unha lei que converte o sistema educativo nun sistema moito máis elitista, competitivo, selectivo e segregador, que clasificará os centros, que vai expulsar ao alumnado con menos recursos e que pon en tea de xuízo o dereito á educación. Desconfíase do traballo do profesorado e introdúcense reválidas que farán que o alumnado se xogue todo o seu futuro a unha carta”.
Ao mesmo tempo, a folga tamén ven motivada por todos os recortes que o PP está a facer en educación cando o futuro dun país está precisamente en relación á importancia e os investimentos que teña na educación. Aos recortes en profesorado, aos recortes no mantemento dos centros, aos recortes retributivos, aos recortes en formación, en bibliotecas, en axudas á diversidade, en programas educativos, hai que sumar a última medida da Xunta como é o copago nos comedores escolares que pon en perigo a igualdade á hora de acceder é educación e que levará a moitas familias a pasalo aínda peor nestes tempos difíciles.
Por último, a CIG-Ensino quere denunciar, unha vez máis, a actitude do Conselleiro de Educación que, diante do espolio de competencias, segue desaparecido e actuando como militante disciplinado do PP, negándose a abrir un debate que permita fixar unha posición do Goberno galego e que teña en conta a opinión da comunidade educativa galega.
Por todas estas razóns, como sindicato maioritario do ensino en Galiza, animamos a todo o mundo a poñer o noso grao de area para que a folga do día 9 de maio sexa todo un éxito e manifestarlle ao goberno que non estamos de acordo coas súas políticas. Pola nosa parte, procuraremos chegar a todos os centros de ensino, antes desa data, continuando co noso traballo de informar e promover o debate para que o profesorado sexa consciente das consecuencias negativas desta lei e do perigo que a súa aprobación tería para o sistema educativo galego.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



