As bases de selección dos participantes faranse públicas a vindeira semana na web www.deputacionlugo.org
A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou hoxe Imaxinando Cantares Gallegos, unha orixinal actividade coa que a Deputación renderá homenaxe á literatura galega no 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro. A Deputación convocará a todos os ilustradores e gravadores que o desexen para que participen nunha orixinal iniciativa que combina literatura e artes gráficas e que se celebrará o vindeiro 13 de outubro, o popular Domingo das Mozas, que é precisamente a data na que se celebra en Lugo a tradicional ofrenda á escritora galega.
Deste xeito, o 13 de outubro Imaxinando Cantares Gallegos transformará ó Centro de Artesanía e Deseño nun espazo de traballo compartido por un total de 32 artistas que sairán dos seus estudos por un día para traballar baixo a atenta mirada do público. Todos eles compartirán tema de inspiración: os poemas de Cantares Gallegos. Os artistas que resulten escollidos, desenvolverán o seu traballo nas instalacións do CENTRAD, polas que os visitantes poderán circular libremente para contemplar o proceso creativo dos artistas. Ó mesmo tempo, será unha boa oportunidade para coñecer máis de preto os diferentes obradoiros existentes no Centro.
Durante o acto, Polín destacou que esta “será una actividade de gran valor didáctico, para públicos de todas as idades, coa que se poderá observar de preto o proceso de traballo de artistas baixo diferentes técnicas creativas das que, ademais ofrecerán explicacións prácticas ós interesados”
En canto á data escollida, a deputada responsable da área de Deseño e Artesanía subliñou que “malia que mañá se celebra o Día das Letras Galegas e tamén sería un día máis que axeitado, o día 13 de outubro pareceunos perfecto por varios motivos: non só porque ten lugar a tradicional homenaxe a Rosalía de Castro, senón porque é un dos días nos que Lugo recibe máis visitantes chegados de fóra de Galicia, e o noso desexo é que o maior número posible de persoas poidan ser testemuñas do traballo dos artistas galegos e da actividade que, en prol da nosa herdanza cultural, se desenvolve no Centro de Artesanía e Deseño”, destacou Polín. Os nenos tamén terán actividades axeitadas á súa idade e capacidades, xa que os responsables do Centro organizarán obradoiros de debuxo, por suposto de temática relacionada coa escritora e a súa obra.
Polín adiantou, ademais, que durante o mes de outubro o Centro tamén acollerá unha exposición “moi especial, que marcará un fito”, adicada a Rosalía.
As bases, a semana que vén
Esta iniciativa está aberta ós ilustradores e gravadores que queiran participar. Para iso, só teñen que achegar o seu currículo xunto cunha mostra dos seus traballos, segundo o que indiquen as bases reguladoras que se publicarán a vindeira semana. As solicitudes de participación presentadas serán posteriormente valoradas por unha Comisión de Expertos, que determinará a identidade dos 32 finalistas.
O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto dende a publicación das bases ata o 31 de agosto. Unha vez rematado o prazo, dita Comisión de Expertos reunirase para valorar as obras presentadas. Ademais, para axudar a facer fronte ós posibles custes de desprazamento ou material dos artistas seleccionados, estes percibirán unha aportación económica que estará en torno ós 200 euros.
Os artistas cederán os dereitos de autor das obras creadas nesta cita, orixinais e únicas, para que pasen a formar parte dos fondos propio do Centro de Artesanía e Deseño, e poder ser obxecto de futuras exposicións e actividades, ben no Centro, ben noutros espazos. Ademais, as obras resultantes ilustrarán unha edición de Cantares Gallegos que será elaborada polos artesáns que traballan no Obradoiro do Libro do CENTRAD.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



