Foz, 16 de maio de 2013. A liquidación do orzamento do Concello de Foz do pasado ano 2012 reflicte un aforro neto positivo de 463.697 euros e un remanente de tesourería de 132.000 euros. Estes datos foron dados a coñecer hoxe polo alcalde focense, o popular Javier Jorge Castiñeira, que se amosou moi satisfeito por estas cifras e manifestou que son o resultado do plan de austeridade levado a cabo polo goberno municipal.
O rexedor municipal explicou que “o grupo de goberno do Concello de Foz está moi satisfeito polos resultados orzamentarios do ano 2012 e a liquidación que fixeron os servizos de Intervención que reflicte un aforro neto 463.697 euros. Estes resultados son tremendamente positivos despois dun plan de austeridade importante nunha situación complexa e de dificultades económicas e de tesourería”.
Javier Castiñeira engadiu que “isto sumado a novo financiamento que vai facer o goberno municipal do Partido Popular coa operación de tesourería de 700.000 euros para pagar a provedores creo que demostra que se están facendo ben as cousas. Nos últimos dous anos, que son precisamente os que levamos no goberno local, se están a sumar remanentes positivos de tesourería cando anteriormente a tendencia era completamente contraria. Hai que recordar que no ano 2006 había un remanente de 6 millóns de euros, coincidindo co boom urbanístico, pero no 2011, cando empezou a gobernar o Partido Popular, quedaba un remanente negativo, concretamente de -33.000 euros. E agora se está volvendo á tendencia en positivo. Polo tanto o grupo de goberno está moi satisfeito por estes resultados e evidentemente a nosa idea é seguir adiante e tratar de ir rebaixando esa tensión de tesourería ano tras ano”.
O alcalde tamén explicou que “no próximo pleno da corporación municipal irá un recoñecemento extraxudicial de 390.000 euros, xa non son os 500.000 euros que foron no anterior exercicio, e polo tanto a tendencia segue sendo moi positiva. É necesario evidentemente para poder pagarlles aos provedores que se aprobe no pleno este recoñecemento extraxudicial. Así se lles propuxo aos grupos da oposición e esperemos que dean o seu visto bo a este resultado orzamentario e sexan capaces tamén de recoñecer este gran esforzo reducindo o recoñecemento extraxudicial de 500.000 a 390.000 euros”.
Castiñeira fai “unha valoración moi positiva do aforro neto con 464.000 euros de diferenza entre o ingresado e o gastado no ano pasado a pesar das dificultades económicas. Polo tanto son moi boas novas para as contas do Concello de Foz, pero seguimos nun momento complexo e delicado ata que se acabe de pagar esa devolución que hai que facer ao Ministerio de Facenda, cerca de 800.000 euros neste ano. O Concello, e sobre todo os veciños de Foz, con responsabilidade e austeridade están cumprindo os seus obxectivos”.





















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



