A portavoz da Xunta de Cofradías de Viveiro, Mª Carmen López, , informa que este xoves 16 de maio a Comisión sairá para Lannión (Francia) con motivo da presentación da Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional. Este proxecto enmárcase dentro da difusión internacional da festividade vivairense polo que se levarán a cabo novas exposicións da cita noutras cidades. A Comisión está formada por 12 membros das Cofradías de Viveiro que se encargar de presentar a exposición de 52 fotografías de autores que habitualmente colaboran coa Xunta de Cofradías: 8 de Viveiro e seus monumentos, 4 fotos retrospectivas e 40 sobre a Semana Santa. Os autores son: Foto Carlos, José Luís Moar, José Miguel Soto, Germán Paleo, José Manuel Paleo, Mari Sanisidro, Andrés Basanta, Miguel Sanmartín, Juan Feal, Antonio Rivera e Rafa Rviera.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



