O Arquivo Histórico Provincial de Lugo celebrará unha semana de portas abertas, entre os días 3 e 7 de xuño, para celebrar o Día Internacional dos Arquivos, que conmemora a creación, o 9 de xuño de 1948, do Consello Internacional de Arquivos (ICA/CIA), pola UNESCO.
O Arquivo Histórico, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrecerá a posibilidade de coñecer as salas de proceso técnico de organización de documentos, o taller de restauración, os depósitos documentais, e a totalidade do traballo que se fai para a conservación e difusión dos documentos.
Tamén se mostrarán unha escolma de documentos, desde pergameos ata expedientes administrativos que acreditan as actividades desenvolvidas polas administracións e os cidadáns desde a Idade Media ata a actualidade.
É indispensable realizar reserva previa para as visitas, admitiranse grupos de un máximo de 20 persoas, e poderase optar por horario de tarde ou de mañá. Pódense xestionar tanto a información como as reservas no teléfono 982 227 956 ou ben a través do enderezo de correo electrónico ahp.lugo.informacion@xunta.es.
Ao servizo dos dereitos dos cidadáns
O primeiro obxectivo do ICA é a elaboración de normas comúns e documentos de boas prácticas que favorezan a xestión eficaz dos centros, a difusión dos documentos de arquivo e a protección do patrimonio documental.
Por iso, a data elixida para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos pretende resaltar o valor destes centros, ao servizo da xestión de documentos, da información e dos dereitos cidadáns, da investigación, a preservación da memoria e a transparencia.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



