– A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os premios deste concurso escolar, coordinada polo IGC
– Máis de 1.200 estudantes galegos participaron no certame, que na súa oitava edición leva por lema “Adéstrate ben para un consumo responsable”.
– O CEIP Lourido de Poio, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte e o IES Manuel García Barros da Estrada foron os primeiros clasificados nas tres categorías establecidas
– Os gañadores en cada unha das categorías representarán a Galicia na fase nacional do certame, organizada polo Instituto Nacional de Consumo
– A iniciativa forma parte do proxecto educativo da Escola Galega de Consumo, que proporcionou formación de forma directa a máis de 12.000 persoas
Santiago, 16 de maio de 2013.- A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, entregaron hoxe os premios da fase autonómica do certame escolar de consumo responsable Consumópolis. No acto, ambos salientaron a importancia do ensino e da formación para a protección dos dereitos dos consumidores e usuarios, e apuntaron que iniciativas coma esta permiten avanzar de forma efectiva na educación para o consumo, convidando aos escolares á reflexión utilizando como medio a creatividade e as TIC.
Así mesmo, Sol Vázquez, presidenta do IGC e directora xeral de Comercio, apuntou a aposta decidida da Xunta de Galicia polo proxecto educativo que está a desenvolver a Escola Galega de Consumo, que proporcionou formación directa a máis de 12.000 persoas en 2012 a través dos distintos programas que pon en marcha ao longo do ano.
Máis de 1.200 escolares galegos de primaria e secundaria participaron este ano en Consumópolis, coordinado en Galicia polo Instituto Galego de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o que supón duplicar a participación da anterior edición.
Tras completar a primeira etapa, consistente nun percorrido dun xogo on-line sobre consumo responsable e calidade de vida, preto de 190 equipos de toda a comunidade traballaron na segunda fase do certame, que este ano chega a súa oitava edición baixo o lema “Adéstrate ben para un consumo responsable”.
Cada un dos equipos elaborou un traballo en grupos de cinco coordinados por un docente, relacionando consumo e deporte, con temas como a compra de materiais deportivos ou os valores do deporte e o consumo responsable. No caso do alumnado de primaria, o proxecto consistiu nun calendario escolar, mentres que o alumnado de secundaria elaborou un cartel con viñetas.
Na fase autonómica establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os 3 mellores traballos de cada categoría dotados con 1.000, 600 e 300 euros, que poderán empregar para actividades ou material pedagóxico. Os gañadores representarán a Galicia na fase nacional, organizada polo Instituto Nacional de Consumo. Na categoría de 3º ciclo de primaria clasificouse en primeiro lugar o CEIP Lourido, de Poio (Pontevedra), seguido polo CEIP Santa Rita de Galdo (Viveiro, Lugo), e o CEIP Froebel de Pontevedra. No que respecta á categoría de 1º e 2º curso de ESO, o primeiro clasificado foi o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, e o IES Carlos Casares de Vigo e o CPI Ramón Piñeiro de Láncara (Lugo) recibiron o segundo e o terceiro premio, respectivamente.
Na categoría de 3º e 4º da ESO, clasificouse en primeiro lugar o IES Manuel García Barros, da Estrada, mentres que o CPR Plurilingüe Abrente de Portonovo quedou segundo e o IES As Barxas de Moaña se clasificou en terceiro lugar.
Os escolares galegos son dos que en máis ocasións foron gañadores dos premios nacionais en distintas categorías, o que amosa a gran preparación do alumnado galego e a gran labor desenvolvida neste ámbito desde o Instituto Galego de Consumo, que forma parte desde o seu inicio do equipo de traballo a nivel nacional que desenvolve a estrutura pedagóxica do certame. Coa posta en marcha desta iniciativa a Xunta continúa a traballar na mellora da formación dos máis novos en consumo, co obxectivo de aumentar o coñecemento e a defensa dos seus dereitos neste eido.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



