O Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa reunión de hoxe o cambio de titularidade dun treito sobrante da estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros) a prol do Concello de Ourol, adquirindo características municipais.
A solicitude de cambio de titularidade, solicitada polo Concello, inclúe un treito sobrante da estrada autonómica en forma de “V” cunha lonxitude aproximada de 560 metros, e que se une co tramo xa transferido da antiga estrada C-640 desde o PQ:15+000 ata o cruzamento dos Colviños situado no PQ:15+760 da actual LU-540.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considerou axeitado este cambio de titularidade tendo en conta que o treito sobrante transferido non resulta necesario para conformar ningún eixo de articulación territorial ou garantir a accesibilidade a un asentamento de poboación, así como tampouco supón deixar un treito illado sen capacidade de xestión.
A entrega do tramo formalizarase, no prazo de dous meses tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e o Concello de Ourol converterase no responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial; así como do exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra.
Os cambios de titularidade das estradas están reguladas no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro de 1994, de estradas de Galicia. De acordo con este artigo os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade.
Ademais, o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, alega que as entidades locais dentro das súas competencias aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.
Cumprindo o exposto, o Concello de Ourol deberá incorporar ao seu Plan de estradas o treito sobrante da LU-540 (Viveiro-Cabreiros).




















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



