Ribadeo, 16 de maio de 2013. O salón de actos da antiga casa sindical acollerá o vindeiro 6 de xuño un curso ó amparo do proxecto Abrocha-T á seguridade. Está organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo e desde ACISA recoméndase a todos os seus asociados e ó resto da poboación de Ribadeo e da súa comarca. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense é socia da CEL.
Dito curso desenvolverase entre as 18 e as 20 horas e abordará a Coordinación de actividades empresariais e o uso de EPI´s. A todos os asistentes á xornada serálles entregado, xunto á documentación correspondente, un kit de seguridade que inclúe: chaleco acolchado, chaleco reflector, luvas e lentes de protección e protectores auditivos.
A inscrición e participación no mesmo é gratuíta. Os interesados poden facela xa nas instalacións da CEL na Mariña e tamén nas de ACISA Ribadeo. O curso está dirixido a técnicos de prevención, delegados de prevención e membros do comité de seguridade e saúde, a empresarios e traballadores en activo e tamén a autónomos.
Alfonso Parga López, delegado da CEL na zona norte será o encargado de presentar a xornada e a continuación intervirá o poñente que é o xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social en Lugo, Nicolás González Raposo, que analizará cuestións coma os equipo de protección individual, as responsabilidades e sancións e a coordinación de actividades empresariais.