En 1978 xurdiu na vila o primeiro colectivo de mulleres que se organizaban co fin de atopar na solidariedade e a convivencia a canle axeitada para vivir as súas inquedanzas e para estar presentes, legalmente constituídas, na sociedade nova que agromaba. Chegaba a apertura á participación na “res publica” e a muller, de sempre marxinada, debía tomar posicións para facer valer a súa presencia e para reivindicar dereitos e consideracións historicamente negados.Así nacía, hai agora 35 anos, a Asociación de Amas de Casa de Foz.´O ano 2003 o colectivo celebrou as Vodas de Prata, editando con tal motivo unha revista na que colaboramos cun modesto artigo que, dez anos mais tarde, subscribimos. Di así, parcialmente: “Galicia é, de sempre, un matriarcado. O mais fondo do ser da nosa terra, dende a complexión e a tectónica das terras, ata a capa da paisaxe que ten enriba; dende a música e a fala ata calquera manifestación do temperamento e a cultura, todo aparece baixo un tinte feminino. Asimesmo, lémbranos Martínez Barbeito, “moito do mellor que produciu o xenio indíxena débese ás mulleres; daí que nalgún momento se dixera que “en Galicia os grandes homes son… mulleres”. A carón de mulleres senlleiras da literatura e a poesía, das artes, da socioloxía, da política e aínda da guerra, miles de mulleres galegas, ás veces insignificantes ó exterior, son a alma e o corpo do fogar, levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico; e non só aquelas ás que Rosalía chamou “viúvas de vivos”, por outra parte exemplo de entrega e sacrificio. Pero a pesares desta realidade obxectiva, razóns históricas, sociais, culturais e políticas mantiveron ás femias afastadas de todo poder e de todo protagonismo.É certo que a evolución foi grande no último século: pouco ten que ver a situación de hoxe con aquela, do s.XIX, na que Concepción Arenal, para asistir á Universidade, vestiuse de home. Pero a loita da muller non rematou, continúa; aínda que como dixo o poeta “ para honrarla el hombre, bástale a la mujer que mujer sea”. Parabéns ás amas da casa de Foz e,¡ a polas vodas de ouro!
Suso Fernández



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



