As mulleres teñen razóns para estar fartas. Dependendo do partido que goberne, recoñécellenlles ou non o seu dereito a interromper un embarazo non desexado. Agora o Goberno do PP pretende eliminar os prazos da actual lei do aborto. Con outras palabras, proxecta eliminar o dereito das mulleres a abortar.
Pregúntome si as mulleres non son demasiado indulxentes permitindo que se maree públicamente a perdiz en torno a un tema na que a última decisión incumbelles a elas. Concernelles en primeiro lugar porque traer ao mundo un ser human está ligado á sua bioloxía. De igual forma que os homes toman as decisións que desexan sobre os seus corpos, tamén elas queren decidir sobre os seus. A natureza deulles o don de reproducir a especie, pero este atributo non lles obriga a ser nais en contra da sua vontade. Son libres de elixir si continuar ou non un embarazo cando se produciu de forma involuntaria.
Chamar, polo demais, vida ao resultado inmediato dunha fecundación parece bastante demagóxico. Sabían vostedes que moitos dos anticonceptivos legais son literalmente abortivos? A espiral, o diu, etc. e etc. non son artiluxios que eviten unha fecundación. Si se da a unión dun espermatozoide e un óvulo, o que fan aqueles é rompela e producir como consecuencia un aborto a modo de regra. Imaxinen, xa que logo, os miles e miles de abortos que deste xeito se producen a diario.
A decisión de interromper un embarazo non desexado correspóndelles en segundo lugar ás mulleres porque un fillo cambia a sua vida. Dálle unha revolta de 360 grados e ademais para sempre. Sabéno: nunca deixan de ser nais. Tampouco nas circunstancias en que os seus fillos alzaron o voo e emprenderón a súa propia travesía. Preocúpalles para sempre. Por iso queren elixir responsablemente o exercicio da maternidad.
Ser nai é un agasallo da vida cando querese selo e cando xiran para ben as condicións adecuadas. Entón xa é hora de que curas, xueces e politicos lles deixen decidir, non lles parece?
Alfonso Otero Regal