Ribadeo, 3 de mayo de 2013. ACISA repartirá 2.300 craveis o próximo domingo, 5 de maio, Día da Nai. Nesta campaña tamén sorteará 600 euros en vales de compra.
Todos aqueles clientes que fagan as súas compras no comercio tradicional de Ribadeo ata o próximo 5 de maio entrarán no sorteo de 600 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Segundo explicaban desde a directiva de ACISA “pondremos en juego un premio de 300 euros, otro de 200 euros y uno más 100 euros, todos ellos en vales de compra. De esta forma queremos potenciar el comercio tradicional ribadense, un referente en toda la zona, tanto en la costa de Lugo como en el Occidente asturiano”. O sorteo terá lugar nas instalacións da ACISA o próximo 8 de maio.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo repartirá nas rúas comerciais o Día da Nai, que se celebra o 5 de maio, domingo, arredor de 2.300 craveis, “queremos tener un detalle con todas las mamás ese día. Esta campaña la pusimos en marcha hace algunos años y como ha tenido una muy buena acogida la vamos a repetir de nuevo en este 2013. Lo que tienen que hacer los/as hijos/as, los/as nietos/as es buscarnos por las calles comerciales de Ribadeo ese domingo por la mañana para hacerse con una flor con la que sorprender a las mamás”.
O reparto dará comenzo ás 12 de la mañá desde as inmediacións do parque de San Francisco.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



