Barreiros, 23 de maio de 2013. As praias de Arealonga, A Pasada, Lóngara, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea conseguiron as bandeiras azuis 2013 que concede Adeac. O alcalde, Alfonso Fuente, amósase moi satisfeito.
O rexedor sinalou que “no nome de todo o pobo de Barreiros novamente teño que felicitar a toda a xente que traballa no día a día, aos empregados municipais que colaboraron na limpeza así como a todos socorristas, porque de novo revalidamos esas sete bandeiras azuis. Se ben é certo que tíñamos solicitado oito manter as sete para nós é un feito importante”.
Fuente Parga considera que “se fixo un esforzo grande, porque hai que pensar que se fixo un axuste tamén moi grande e iso podía redundar nunha perda de distintivos importante. É certo que a praia de Coto este ano non revalida ese galardón de bandeira azul, pero tamén hai que dicir que ese areal está en excelentes condicións. É máis, é unha praia na que non desemboca ningún regato nin nada co cal a calidade da auga é perfecta, coma sempre, e non hai ningún problema”.
O alcalde de Barreiros lembrou que “como xa dixen nun pleno nós non vamos facer un gran vehículo se non somos capaces de pagarlle o seguro. Nós vamos chegar ata onde poidamos e creo que a confirmación de que mantemos 7 bandeiras azuis é un feito moi importante, tendo en conta os axustes que houbo que facer. Polo tanto quero agradecer a toda a xente que traballa vinculada ás praias porque creo que se fixo un traballo moi importante”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



