Ata o domingo 19 de maio, continúa Ribadeo de Tapeo. E, por outra banda, a BMMR ofrece o seu tradicional concerto do Día das Letras Galegas o día 17 de maio no auditorio municipal Hernán Naval ás 20.30 h. E tamén para festexar a reivindicación do noso idioma, o Concello de Ribadeo programa un concerto moi especial dentro do ciclo das músicas posíbeis: UXÍA canta ‘Andando a Terra’, inspirada nos poemas de Manuel María, no Teatro, o sábado 18 ás 19.00 h cunha entrada a 8 euros. Finalmente, Ancora Producións presenta Snakizados, a comedia da fin do mundo con 15 personaxes e un só actor, Gustavo Pernas, nunha obra que supón unha nova re-lectura da dúbida hamletiana. A actuación terá lugar no auditorio Hernán Naval o domingo ás 20.30 h cun prezo da entrada que oscila entre os 2 ou os 4 euros. E a actividade de animación á lectura con Inés Cuadrado prevista para este sábado na biblioteca suspéndese ata o outono.
Axenda cultural da semana en Ribadeo
Axenda cultural da semana en Ribadeo
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.