O grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela organiza un campamento dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos dende o día 1 ao 11 de xullo (ambos incluídos) no camping de Augasmestas en Quiroga. O custe da actividade é de 80 euros para os inscritos e 95 euros para os non inscritos (cota e prezo do campamento). A data límite para inscribirse será o 24 de xuño. Para máis información consultar a páxina chaodecastro.wordpress.com, mandar un correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou telefonear ao seguinte número 626739549.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



