Voluntarios de Alcoa San Cibrao limpan e acondicionan mañá os sendeiros e miradores da franxa de terreo pola que discorrerá a nova ruta de sendeirismo Costa de Xove. A Asociación Cultural-Deportiva “Xove”, promotora desta iniciativa, recibe ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa.
A franxa de terreo que se habilitará terá 21 quilómetros de lonxitude e facilitará o disfrute da costa xovense como atractivo turístico local. Os seus escarpados acantilados con altas verticais á auga e inmensas rocas graníticas son únicos na comarca. Entre as súas paraxes, destacan a ensenada de Coído, Punta A Mansa e o Cabo Morás, próximo ó porto do complexo industrial de Alcoa.
O grupo de sendeirismo da Asociación Cultural-Deportiva Xove, bon coñecedor da beleza natural e medioambiental desta costa, impulsou a creación da ruta de sendeirismo, co respaldo do Concello da localidade, que aporta tamén maquinaria e persoal para o desbroce das sendas.
Sendeiristas, ciclistas e pescadores deportivos serán os principais usuarios da nova ruta, que facilitará ademais a actividade dos distintos servizos de vixilancia costeira.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financieiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.
Limpeza ruta senderismo Costa Xove
Data: 30 de maio de 2013, ás 16:00 h.
Lugar/punto de encontro: Centro Cívico de Xove.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



