O PP de Mondoñedo mantén a súa fronte á veciña, Elena Candia, que desenvolve a súa labor como presidenta da formación dende o ano 2008.
A popular manifestou a súa “ilusión” por poder continuar con esta andaina na que “me acompaño dunha agrupación representativa dos sectores locais e das diferentes parroquias, e que traballa e cre que Mondoñedo ten futuro”.
Durante o congreso, Elena Candia recibiu o respaldo do presidente provincial e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro e outros cargos públicos da provincia.
Lugo, 11 de maio de 2013.- Os afiliados do Partido Popular de Mondoñedo manteñen á fronte da agrupación na localidade a súa veciña Elena Candia, que desenvolve esta labor como presidenta da formación dende o último congreso local, celebrado no ano 2008.
Durante o congreso, Elena Candia contou coa presenza do presidente provincial e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro, do secretario xeral provincial e secretario do Parlamento galego Jose Manuel Balseiro, dos deputados nacionais Olga Iglesias e Joaquín García Díez, do senador Dámaso López, do deputado autonómico Vidal Martínez-Sierra, do subdelegado do Goberno, Ramón Carballo e dos deputados provinciais, Jose Pardo, Jesús Novo e Jose Manuel Gómez Puente así como tamén do subdirector xeral de Prevención e Defensa de Incendios Forestais, Miguel Cela.
No seu discurso, Elena Candia asegurou que asume a súa reelección “coa responsabilidade” que supón traballar a prol do fortalecemento do partido e da dinamización da localidade. A popular manifestou que continua “coa mesma ou incluso maior ilusión que cando comecei no PP local”, durante unha andaina na que asegura acompañarse “dunha agrupación que considero representativa dos sectores locais e das diferentes parroquias, que traballan e cren que Mondoñedo ten futuro”.
A popular tamén tivo palabras de agradecemento para a dedicación de cada unha das persoas que integraron o comité durante estes últimos anos e que manifestaron o seu compromiso de “loita polos intereses locais, atendendo ás demandas trasladadas polos veciños”.
Comité Executivo de Mondoñedo
No comité que preside Elena Candia, figuran os nomes dos concelleiros do PP na localidade: Ramón García Geada, José Otero Rejes, Aida Basanta Basanta e Mª Teresa Freire Sánchez. Tamén o completan Manuel Otero Legide, Jesus Meilán García, Mª Ángeles Rodríguez Rico, Juan Alfonso Cancela Castro, Guillermo Redondas Vallejo, Miguel Ángel González Veiga e Amador Ángel Guerra Ramil.
No seu grupo de traballo, a presidenta dos populares reflexa a importancia de tres áreas como son industria e turismo, á fronte da que se atopa Manuel Tapia Rivera; en Deporte, Ramiro Chao Rego; e en xuventude, co mozo Marcos Muruais García, á cabeza.
De igual maneira, Elena Candia nomeu representantes do PP nas parroquias mindonienses, que servirán de contacto entre o partido e o rural co obxecto de ser coñecedores das demandas dos veciños das aldeas. Así, están Daniel Paz Outumuru, en Masma, Coubeira e Viloalle; Gervasia Cabana Eiras, nos Remedios; e Ramón Díaz Barreira; e en Lindín-Argomoso. Mentres que en Santa María Maior estará Irma Iglesias Pérez; en Oirán, Luís Otero Pena; en parroquia Santiago, Arturo Pumariño González; en Sasdónigas; en Figueiras, Sonia Fernández Cillero; San Vicente, María Amparo Anello Gil e en Vilamor, Sonia Lorigados Nogueira.
Formación e experiencia política
Elena Candia López é natural da parroquia do Carme, en Mondoñedo. Licenciada en Dereito, traballa dende o ano 2005 no sector asegurador.
Afiliada ao Partido Popular dende o ano 2004, foi edil de Servizos Sociais e emprego en Mondoñedo ata o ano 2003. Actualmente é concelleira neste Corporación. Con Elena Candia á fronte, o PP local foi a forza máis votada con diferenza nas últimas eleccións locais, incrementando o seu respaldo electoral en cada un dos comicios.
A súa traxectoria política en alza, froito dun traballo rigoroso e implicado, levouna a responsabilizarse da portavocía do PP na Deputación de Lugo, tras a súa elección como deputada provincial polo Partido Xudicial de Mondoñedo (A Mariña) en 2011. Asemade, dende o punto de vista orgánico é responsable dunha das catro vicesecretarías do PP de Lugo dende o último congreso provincial celebrado en marzo, no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como líder dos populares lucenses.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



