-Nel inclúense actos organizados polo Concello e polas asociacións Os Aventados e Airiños do Xunco.
-As actividades pódense dividir entre as previstas para o público infantil e adulto e prolónganse máis alá do día 17.
Cervo, 10 de maio de 2013-O Concello de Cervo dá a coñecer os actos previstos para celebrar o Día das Letras Galegas. Un completo programa no que se inclúen actividades para o público infantil e adulto e nos que non faltan as homenaxes a escritores como Roberto Vidal Bolaño e Rosalía de Castro. A edil de Cultura, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafael Blas e o presidente dos Aventados, Pablo Mosquera xuntáronse hoxe para pechar os últimos detalles dos preparativos.
Alonso agradeceu a ambas entidades culturais as súas respectivas iniciativas, coas que tamén colabora a administración local e ás que hai que engadir as actividades postas en marcha polo Concello que en conxunto conforman “un completo programa para exaltar la literatura y la lengua gallega” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso.
O retrato cos avós será a primeira das actividades, que terá lugar o venres 17 de 11:30 a 13:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura, e que consistirá na realización de fotografías protagonizadas polos avós e os seus netos, que posarán xuntos diante da cámara para obter unha fermosa instantánea de recordo. Esta actividade está incluída no Maio dos avós posto en marcha pola Concellería de Servizos Socias como complemento ao Día do Xubilado.
Ese mesmo día pola tarde a Concellería de Cultura ofrecerá contacontos infantís e un taller de manualidades relacionado cos libros e coa literatura. Será ás 16:30 horas na Casa da Cultura.
O sábado, a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián será o momento de participar nas actividades organizadas polos Aventados, que ofrecerán unha lectura de poemas de Rosalía de Castro como forma de celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Ao mesmo tempo tamén hai prevista unha actuación do Grupo de Improvisación do Conservatorio de música de Viveiro.
O domingo 19, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa do Concello, Airiños do Xunco ofrecerá un relatorio sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño da man de Pablo Mosquera, que irá seguido dunha actuación das cantareiras de Airiños do Xunco. Os actos continuarán coa entrega de premios da XXIX edición do Concurso literario convocado por esta asociación. O peche musical a este día porao o dúo Maika e Juani, que deleitarán ao público con temas baseados na literatura galega.
Ao mesmo tempo cabe lembrar que o Concello tamén organiza o Taller de teatro con motivo do Día das Letras Galegas que se vén desenvolvendo dende finais de abril e que rematará en xuño cunha actuación teatral pendente de fixar no calendario e na que 10 nenos e nenas representarán a peza “Todo é un conto”.



















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



