Ribadeo, 10 de maio de 2013. Comeza o Ribadeo de tapeo. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que estes días a vila e as parroquias sexan unha festa, que os locais hostaleiros se convertan en punto de encontro e que arredor dunha tapa se poida parolar e pasalo ben. O Ribadeo de tapeo prolongarase ata o vindeiro 19 de maio. Son 55 os bares, mesóns e restaurantes participantes, os que ao longo destes días servirán as súas preparacións, as súas tapas, ao prezo de 1,30 euros.
O rexedor sinalou que “hoxe chegou o gran día, chegou o inicio desta nova edición do Ribadeo de tapeo, que desde hoxe, 10 de maio, e ata o 19 de maio, incluído o festivo da Letras Galegas, todos os veciños e veciñas de Ribadeo ou da comarca da Mariña e do Occidente asturiano poderán achegarse á nosa vila e ás nosas parroquias a degustar algunha das 55 obras de arte, que os nosos restauradores teñen preparadas e dispostas para, ao prezo de 1,30 euros, dar o mellor de sí. Dar toda esta cociña en miniatura, estas especialidades coas que se esforzan moito para que despois unha serie de membros dun xurado profesional designe cales son as mellores tapas ao igual que o propio público”.
Suárez Barcia dixo que “a xente que acuda ao Ribadeo de tapeo poderá participar en multitude de sorteos e de eventos. En todos estes días queremos que o comercio, que a hostalaría e que Ribadeo sexa unha festa, que veña coma xente tal e como ocorreu todos estes anos. Sabemos que o momento económico non é o mellor, pero confiamos que Ribadeo siga a ser un punto de encontro e que arredor dunha tapa e dunha consumición se poida parolar e pasalo ben, ademais de degustar esta gastronomía en miniatura”.
O alcalde ribadense subliñou que “este ano imos traspasar todo isto por primeira vez ás redes sociais e ás novas tecnoloxías, dado que xa está dispoñible para descargar unha aplicación para a plataforma Android como para IOS, para Apple, para que a través dos teléfonos móbiles se vexan as tapas, os lugares nos que se serven, cómo chegar ata eles e toda a actividades cultural que temos despregada para este Ribadeo de tapeo, que o que pretende é seguir atraendo xente ao noso concello”.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



