A poucas horas que anunciarse a entrada en concurso de acreedores de Alimentos Lácteos, Compromiso por Galicia pide á Xunta que asuma responsabilidades e dea explicacións pola nefasta xestión da empresa, do que se considera unha estafa alentada dende a propia administración; e do destino das axudas destinadas a Alimentos Lácteos por parte do aval do IGAPE e fondos do XesGalicia.
Rocío López Pacio, coordinadora territorial da formación galeguista, considera que “o proxecto non dispoñía dende un principio de viabilidade económica nin baseado en criterio empresarial algún, xa que se tratou dun antoxo meramente político e clientelar, encabezado por diferentes dirixentes e membros do Partido Popular que tiñan naqueles momentos cargos de responsabilidade nas cinco cooperativas fundadoras. Tratouse dun engano que levou á desesperación de moitos gandeiros e gandeiras que non cobraron e perderon o seu traballo de 12 horas diarias, cando manter os pagos ao día no sector é fundamental para seguir sostendo e alimentando aos animais nas explotacións”.
Por tanto, insta á Xunta a que asuma responsabilidade como unha das partes do proxecto e que revise as contas anuais e o destino tanto dos avais do IGAPE como dos fondos de Xes Galicia, que alcanzan preto dos 12 millóns de euros.