Ca xornada de Remourelle finalizaba a tempada da LNB na conferencia NorLeste e queimábanse os derradeiros cartuchos de cara a conseguir un posto para disputar as finais nacionais o vindeiro día 26 de maio en Marrozos, Santiago de Compostela fronte os clasificacdos das outras conferencias, non todas aínda finalizadas.
Como ven sendo costume, aínda que desta volta non estaba programado oficialmente, antes do comezo do aberto a maioría dos palanadores xuntáronse na Taberna de Lola para xantar, cumprindo á perfección o lema dos billardeiros “para darlle ó garabullo, primeiro hai que enche-lo bandullo”.
Logo do sorteo comenzaron a disputarse as carreiras que só serviron para que algún xogador trocase de posto, xa que en definitiva non modificaron en nada a táboa de clasificados. Están os que xa estaban, e os que tiñan algunha posibilidade de entrar quedaron ás portas.
O Aberto gañouno Eric de “Os Outros” con tódalas carreiras gañadas, segundo Xermán de “Ekipa-Bitere” e terceiro logo dun desempate entre cinco candidatos (Daniel, Charli, Reyes, Villarino e Pepe), foi Charli de “Carabullo”.
Finalizouse a xornada novamente na Taberna de Lola ca entrega dos premios do aberto no que a estrela foi “O Coello” que Suso lle entregou a Eric como gañador do aberto. E seguidamente o concelleiro de deportes D. Vicente Castro, fixo entrega en nome do Concello de Ribadeo dos trofeos correspondentes os gañadores en cada categoría: en donas a Campioa foi Geni de “Os Outros”, por equipos repiten os Billardeiros Musicais., en varados Charli de “Carabullo” e Campión individual novamente Charli.
E a lista de clasificados para a gran muiñada de Marrozos é a seguinte:
– Equipos: Billardeiros Musicais e Tropa Lixeira.
– Donas: Geni, Reyes, Lola Eiras, Carme e Lucía.
– Varados: Charli, Regueiro, Daniel, Markytos e Martiño.
– Individual: Charli, Marcos, Daniel, Regueiro, Óscar, Markytos, Suso Coedo, Xermán, Richar, Nacho, Noé e Martiño.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
