O noso máis prezado ben común inmaterial, a nosa lingua, esta nunha situación de dificultade que requiriría un compromiso firme por parte dos nosos gobernantes para a súa defensa e a súa potenciación.
Os datos que amosa as diversas enquisas socio-lingüísticas falan dunha perda de falantes, fundamentalmente entre as persoas de menos idade que vai parello a un proceso de perda de prestixio social importante.
Diante desa situación os nosos gobernantes en lugar de defender, amparar e potenciar a nosa lingua fan todo o posible por que o proceso de aniquilamento cultural sexa irreversible.
En pleno século XXI en lugar de amparar os bens culturais o goberno da xunta potencia a analfabetización e envía mensaxes a sociedade para incrementar a idea da ‘inutilidade’ do noso idioma.
Desde a chegada de Feijóo a San Caetano esta política de aniquilación se ten intensificado. Namentres desde o goberno central se poñen en marcha reformar educativas encamiñadas a favorecer unha ‘homoxeneización’ cultural españolízante.
Fano sabedores da ligazóns clara entre o desmantelamento do estado social e o desmantelamento da cultura do bencomún. Queren construír unha sociedade global sen espazo para a biodiversidade económica, social ou coma neste caso cultural e idiomática.
Por todo iso, Espazo Ecosocialista apoia a manifestación que o próximo venres 17 de maio, no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, ás 12,00 horas sairá da Alameda de Compostela para percorrer as rúas en defensa da lingua e para que non nos calen.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



